segunda-feira, 22 de janeiro de 2007

CHISCO ATACA DE NOVO

El alcalde vincula el cámping de Corcubión con promotores próximos al BNG
(la voz carballo)
Ante las críticas recibidas por el alcalde de Corcubión por parte del BNG como consecuencia de distintas afirmaciones sobre el anterior gobierno, el regidor corcubionés, Francisco Javier Lema, se remitió al Registro Mercantil para mantener que familiares de los nacionalistas figuran allí como integrantes de la sociedad Canle de Amarela. En el registro figuran los nombres de Rafael Mouzo Meizoso -hijo del ex alcalde-, José Ansede, Alfonso Ínsua Gómez y Joaquina López, todos ellos, según el alcalde, vinculados de algún modo al BNG. En cuanto a las críticas nacionalistas por el retraso a la hora de aprobar las cuentas, Lema explica que en el BNG dejó 274.000 euros de deuda, que el actual gobierno redujo a 190.000 euros en el 2004 y a unos 120.000 euros en el 2005.Lema explica también que la pista de Amarelle se hizo con cesiones de terreno de las familias Lema Fuentes y Pais, y que esos terrenos siguen calificados como estaban antes. La obra fue ejecutada por Medio Rural.Además, Lema quiere puntualizar que, sobre las acusaciones hechas al BNG por motivos laborales, dijo literalmente «para intentar amedrentar» -así consta en su escrito- y no que hubiese sido intimidado. «Se así fora teña por seguro que acudiría aos tribunais, por onde terá que pasar vostede, probablemente, por uso indebido de cartos públicos», le dice a Mouzo.


NO BNG DE CORCUBIÓN PREGUNTÁMONOS POR QUE O SR. ALCALDE RECURRE AO REXISTRO MERCANTIL TENDO COMO TEN NAS PROPIAS OFICINAS DO CONCELLO TODA A DOCUMENTACIÓN DO CÁMPING POLO QUE SABE EL BEN (SE QUERE) QUEN É E QUEN NON É XA PARTE INTEGRANTE DESA SOCIEDADE PROMOTORA DESE ESTABLECEMENTO.

quinta-feira, 18 de janeiro de 2007

CARTA ABERTA

Nota de prensa que o Grupo Municipal do BNG enviamos en resposta ás declaracións realizadas polo Alcalde de Corcubión D. Francisco Lema en "La Voz de Galicia" nos pasados días.


CARTA ABERTA AO ALCALDE DE CORCUBIÓN.


Despois de ler as declaracións-acusacións do pasado día 10, todo apunta a que o Sr. Lema comezou a campaña das eleccións de maio. E claro, como non ten nada que ofrecer, trata de botar unha cortina de fume para agachar a súa “nefasta xestión”, repetindo ata a saciedade as mesmas consignas dos cáseque catro últimos anos: ¡Non podo facer nada porque os gobernos anteriores deixaron moitas débedas! E nós dicímoslle, Sr. Lema, que a pegada dos 24 anos de goberno do BNG están aí, só fai falta facer memoria e ver que servizos e infraestruturas había antes e despois deses 24 anos. ¿Que fixo vostede con esa herdanza? DESTRUÍLA:

- A poboación diminuíu, coa consecuencia de ingresos á baixa para o pobo.
- Destruíu e deforestou o Camiño Xacobeo para facer unhas pistas polas súas propiedades (da súa familia e das de concelleiros do seu grupo de goberno) coa intención de urbanizalas e, coma consecuencia, de revalorizalas; todo sen os preceptivos permisos.
- Consentiu a desfeita do patrimonio parroquial.
- E un longo etcétera que se o xuntamos ao seu xeito de “gobernar”, mellor dito ¡mandar!, fixo que Corcubión retrocedera aos anos escuros onde só os amigos-aduladores do grupo de goberno conseguen atención para resolver os seus problemas dun día para outro. O resto, ¡a esperar o tempo que vostedes queiran!

Volvendo ás acusacións do pasado día 10, nós cremos que o Sr. Lema non é o máis indicado para dar leccións de legalidade xa que el comezou a súa lexislatura cometendo unha TREMENDA ILEGALIDADE!: nomeando ao Sr. Pais tenente de alcalde sendo este aínda traballador do Concello. E outra: nomear ao representante do Concello para o Consello Escolar sen pasar polo Pleno.

En canto a débedas, a saber as que terá contraídas, porque aínda non presentou (como manda a lei) as contas dos últimos tres anos, a pesares de gastar grandes cantidades en asesorías externas ao Concello.

Nun intento máis de desprestixiar aos seus antecesores (e nomeadamente ao ex-alcalde), e buscar polémica, que para nada beneficia ao pobo, afirma que os fillos e familiares deste último forman parte dunha empresa (que daría vida ao pobo e vostede, por revancha, parou: referímonos ao cámping), cousa que É FALSA. E sábeo ben porque coñece o expediente.

E aínda vai máis alá, “acusando ao BNG de intimidalo no seu traballo”. Sr. Lema: nin sabemos nin é da nosa incumbencia da súa vida profesional; pero se está tan seguro desa intimidación, acuda aos tribunais, porque ¡mal que lle pese a vostede!, vivimos nun estado de dereito.

E para rematar dicirlle, Sr. Lema: CÉNTRESE. Pois case a piques de rematar a súa lexislatura, aínda non se decata que vostede está para gobernar, non para facer “oposición á oposición”. Móvase para traer recursos para o pobo. Aprenda a ordenar os Plenos, “foro de debate por excelencia”; nos Plenos hai que facer algo máis que ameazar coa expulsión á oposición cando non lle gustan as críticas. Aos Plenos ten que ir preparado para saber respostar ás preguntas que se lle fan, e non vale, Sr. Lema, dicir ao cabo de tres meses que se esqueceu de “traer os deberes” para eludir as respostas pendentes da anterior sesión; porque nas sesións plenarias, nin estamos na escola daqueles tempos nin vostede é quen de darnos leccións.

¡Pouco lle queda Sr. Lema! ¿Será vostede capaz de centrarse no seu cometido? Que, por se non o sabe, é GOBERNAR.

Grupo municipal do BNG de Corcubión.